A portada da reitoral

Artigos na prensa local entre 2001 e 2002 sobre a desaparición do portalón barroco da reitoral de San Cibrao das Las, no concello de San Amaro, e sobre a súa posible e malograda recuperación

Portada da reitoral de San Cibrao das Las c.a. 1999. Fotografía de "As Comarcas"
Portada da reitoral de San Cibrao das Las c.a. 1999. Fotografía de "As Comarcas"


Cando visite o castro de San Cibrao das Las, aproveite a viaxe e non deixe de ver este exemplo de xestión do patrimonio histórico artístico e etnográfico.


Grazas á protección de institucións, medios de comunicación e "xentes importantes", o portalón da reitoral de San Cibrao das Las nunca foi recuperado. 


O muro antigo da reitoral foi derrubado compretamente entre finais de 2000 e principios de 2001. O patio da reitoral foi reducido e volto a pechar cun muro de pouca calidade e esteticamente inapropiado, pero autorizado polos técnicos e técnicas de Patrimonio.


Desprazado do seu lugar orixinal, que ocupaba o centro da fachada, foi construído con pedras vellas -Deus saberá de onde saíron- un portalón que trata de imitar o antigo, pero faltan as pezas graníticas que formaban a antiga portada barroca. Unha vez máis, os técnicos e técnicas de Patrimonio autorizaron a tropelía.


Ao igual que o antigo portalón, nunca máis se soubo da escalinata do adro da igrexa parroquial, famosa por unha tradicional e coñecida romería do San Brais. A escalinata era semicircular, e foi subtituída por unha rampa -tamén inapropiada- autorizada, unha vez máis, polas técnicas e técnicos de Patrimonio.


Os técnicos e técnicas de Patrimonio tamén deberon apreciar as tropelías realizadas no adro, incluso removendo tampas, para que chegaran os vehículos a motor á porta da igrexa parroquial, seica unha novidosa ocorrencia dun concellal de cultura.

 
Amigos todos!

(Risas)




¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar